Portada Denuncias O Concello de San Cibrao das Viñas ten aberto un expediente sancionador por vertidos ao río Barbaña
O Concello de San Cibrao das Viñas ten aberto un expediente sancionador por vertidos ao río Barbaña
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 19 Xuño 2012 09:53
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

vertA Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de remitir no dia de hoxe a Amigos da Terra e a Plataforma Rios Limpos, unha copia do acordo de expediente sancionador aberto contra o concello de San Cibrao das Viñas polos vertidos non autorizados realizados no mes de xaneiro pasado.

 

A comunicación que o Organismo fai á entidade ecoloxista versa sobre a apertura dun expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos “vertidos realizados durante os períodos do 17/01/2012 ao 19/01/2012 e do 26/01/2012 ao 27/01/2012 incumprindo as condicións establecidas na autorización de vertido outorgada pola antiga Confederación Hidrográfica do Norte ao concello de San Cibrao, no ano 2004”. Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos fai cinco meses meses, ocasionaron “danos valorados en 13.440 euros”, tratándose ademais dunha autorización de vertido do ano 2004, xa transgredida polo concello de San Cibrao en múltiples ocasións.

 

Temos que sinalar que dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa manifestou anteriormente a "reiteración da conduta antixurídica pola entidade local do Concello de San Cibrao", sendo este sancionado en múltiples ocasións dende os anos 2006 á actualidade polo incumprimento das autorizacións de vertidos.

 

Así, lembramos a ultima sanción imposta ao concello de San Cibrao das Viñas, con máis de 114.000 euros polos vertidos realizados ao rio Barbaña en marzo de 2010, e aínda queda pendente unha resolución sancionadora moito máis grave dos vertidos producidos en xuño de 2009 que causaron a morte piscícola de 17.000 especies e danos á flora de ribeira.

 

A imposición deste tipo de sancións, constitúen unha parte da educación ambiental necesarias para previr actos contaminantes pero que serán del todo ineficaces senón se complementan coa concienciación e sensibilización algo que, ata o de agora, non mostran as administracións galegas respecto ao coidado do medio ambiente e ao cumprimento estrito das leis que o preservan”, expoñen dende os colectivos ecoloxistas.

 

Dende a Plataforma Rios Limpos e Amigos da Terra demandamos que as consecuencias xurídicas de tales vertidos non traspasan a imposición dunha mera sanción económica que, en moitos casos, non posúe o carácter exemplarizante que é de esperar deste tipo de penas por feitos que ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuxa penalización é maior establecéndose inclusive penas de prisión.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.