Portada Denuncias Soterramento de escombros nas beiras do río Arenteiro en O Carballiño
Soterramento de escombros nas beiras do río Arenteiro en O Carballiño
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 18 Setembro 2008 09:25

 

Amigos da Terra ven de interpor senllos escritos ante as delegacións de Medio Ambiente da consellería e da Confederación Hidrográfica para que envíen persoal técnico a investigar quen está a soterrar plásticos, adoquins, cemento e máis elementos nas beiras da canle fluvial do Arenteiro.



Alertados por un dos veciños, a organización ecoloxista demanda máis vixianza da administración á hora de adxudicar as obras da apertura do paseo que vai dende a piscifactoría ata o ponte da Toscaña. Todos os indicios parecen levar a que é a empresa adxudicataria destas obras a que está a facer unha incorrecta e nula xestión dos sobrantes das obras.

A asociación espera que este tipo de condutas, totalmente contrarias ao mantemento axeitado do entorno ecolóxico do Arenteiro e que contraveñen a lexislación ambiental e de residuos, sexa controlada e sancionada debidamente pois son este tipo de actos cotiás  aos que non se lle poñen freo os que promoven condutas empresariais incorrectas e ilegais, que quedan impunes e, polo tanto, véñense repetindo no tempo.

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.