Portada Denuncias O Encoro do Río Navia rexeitado
O Encoro do Río Navia rexeitado
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 06 Xullo 2012 12:19
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

rio-navia_p

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, ven de formular unha declaración de impacto ambiental negativa do proxecto do encoro do río Navia, nos concellos de Ibias (Asturias), Fonsagrada e Navia de Suarna, xa que «causará efectos negativos significativos sobre o medio ambiente», en especial, en espazos protexidos.

 

Durante o proceso de alegacións á construción do encoro de Navia que tivo lugar no ano 2010, por parte de distintos colectivos ambientalistas, entre eles Amigos da Terra, asociacións veciñais e a propia administración, xa se manifestará que se informara desfavorablemente sobre dito proxecto e que agora ven realizarse a declaración negativa.

 

Na resolución publicada no BOE de onte manifestase que o proxecto de construción deste encoro do Navia afectaría ao 100% do LIC Alto Navia, cunha extensión de 95 hectáreas, e en menor medida ao LIC Ancares-Courel, provocando a desaparición directa dun tramo en moi bo estado de conservación. Ademais afectaría ás Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá e Río Eo, Oscos, e Terras de Burón.

 

Ase mesmo se verían afectadas distintas especies protexidas, como o caso do mexillón de río desmán, lontra, e poboacións de morcegos ou propia fauna piscícola, polo que os efectos do proxecto serían críticos.

 

En relación a unha ampla serie de consideracións, que responden á avaliación ambiental do proxecto, á protección xurídica dos espazos naturais protexidos afectados, aos hábitats e especies de flora e fauna catalogadas con distintos grados de protección e á protección dos bens do patrimonio cultural, estimase una afección ambiental negativa significativa e directa do proxecto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.