Portada Denuncias Amigos da Terra denuncia verquidos de augas residuais no Rio Miño
Amigos da Terra denuncia verquidos de augas residuais no Rio Miño
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 22 Outubro 2008 18:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 O río Miño, ao seu paso pola cidade de Ourense ven de sufrir outro verquido de augas residuais nas súas augas e que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.

A contaminación fluvial do río Miño non é un feito illado nas augas galegas, senón que ao longo do ano  recíbense varias denuncias realizadas por particulares no gabinete xurídico de Amigos da Terra. Denuncias que versan sobre a presenza de todo tipo de verquidos aos ríos.


Foi por medio dun cidadán que se achegou ao servizo xurídico gratuíto da asociación ecoloxista Amigos da Terra para denunciar o verquido de augas residuais no Rio Miño na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenium, que se producían onte pola tarde e na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Estes verquidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos.


A orixe de dito verquido foi denunciada ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración, e  solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometido o río Miño e a imposición das sancións que corresponda.


Dende Amigos da Terra agardamos que as consecuencias xurídicas de tales vertidos non traspasan a imposición dunha mera sanción económica que, en moitos casos, non posúe o carácter exemplarizante que é de esperar deste tipo de penas por feitos que ben deberan cualificarse como delitos ecolóxicos cuia penalización é maior establecéndose inclusive penas de prisión.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.