Portada Denuncias A Torre de Sande: un Ben de Interese Cultural abandonado pola Consellería de Cultura
A Torre de Sande: un Ben de Interese Cultural abandonado pola Consellería de Cultura
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 19 Novembro 2008 09:36

Amigos da Terra continua á espera da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que informe sobre as medidas que van considerar dende este departamento da Xunta de Galicia, para a restauración ou non da Torre de Sande en Cartelle (Celanova, Ourense).

 

Elaboráronse escritos denunciando o lamentable estado no que se atopaba a Torre medieval de Sande, enviados á Dirección Xeral de Patrimonio para que comprobaran o efectivo deterioro da Torre e o perigo de destrucción da mesma. Ademais, comunicouse vía telefónica a situación ao responsable de comprobar dita situación e levantar a correspondente acta para notificar ao departamento competente da administración, a necesidade de restaurar a Torre.

 


Transcorreron xa máis de doce meses dende que Amigos da Terra puxo en coñecemento desta Dirección Xeral os feitos que aquí se decriben e, a día de hoxe, os veciños reclamantes da restauración da torre, alegan a continuidade da lamentable situación do inmoble sen que o concello medie tampouco.


A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ten como fin esencial, tal e como establece no seu prólogo, conservar e difundir un legado que o tempo irá acrecentando para transmitilo ao futuro. Pero o cumplimento do articulado das leis, unha vez máis, non parece ser unha prioridade para a administración que deixa á cidadanía desprotegida e perplexa.

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.