Portada Denuncias Amigos da Terra denuncia ante a Consellería do Medio Rural que se continuan trabando aos equinos
Amigos da Terra denuncia ante a Consellería do Medio Rural que se continuan trabando aos equinos
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 26 Novembro 2009 11:55

cabalo_web

 

O feito de colocarlle trabas ou cepos inmobilizadores aos equinos nos montes galegos resulta unha ilegalidade reiterada e denunciada en cantidade de ocasións por Amigos da Terra, que non ve máis solución que a propia regulación que existe sobre o tema: a pescuda dos propietarios e a imposición de cuantiosas sancións.

 

A reiteración dun feito ilegal sen que a administración estea capacitada para porlle freo, é reflexo da inoperancia que resulta de elaborar normas xurídicas na nosa comunidade autónoma.

 

Na actualidade, non so a Lei de protección e benestar animal, a Lei 1/93, do 13 abril, regula o maltrato animal inxerido a cabalos e eguas pola colocación destes aparellos que lles causan dor e lesións, senón que existe tamén o Decreto polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, Decreto 268/2008, do 13 de novembro que establece o prazo dun ano para que os propietarios de explotacións equinas extensivas en liberdade, identifiquen aos animais mediante a aplicación dun transpondedor e dunha marca visual que será “brinco auricular tipo botón ou unha pulseira colocada nas extremidades anteriores”, apunta o decreto. O prazo dun ano remata o vindeiro 12 de decembro. O incumprimento destas medidas dará lugar ás sancións que regulan as leis de sanidade animal e de experimentación, transporte, explotación e sacrificio.

 

Fonte: Amigos da Terra. Cedeira. 2006

trabasvarios

 

Cómpre unha boa campaña informativa por parte da administración competente para que o propietario e responsable do gando coñeza en que infraccións está incorrendo e cales son as medidas que debe adoptar para paliar ditas ilegalidades. De verificarse a omisión de deberes destes propietarios, a administración deberá tomar medidas severas e, de non facelo, estará ela mesmo incorrendo na súa actividade como tuteladora do cumprimento das normas que, por outra parte, acordou e dictou.

 

A presenza dos équidos trabados vense dando máis habitualmente en montes da provincia de Pontevedra. Por iso, a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra dictaminou a necesidade de acabar con esta práctica cruenta e ilegal polo maltrato e pola seguridade do tráfico xa que moitos dos animais, desorientados polo bloqueo de desprazarse libremente, rematan nas estradas pondo en grave perigo aos usuarios das mesmas e á vida do propio animal.

 

Fonte: denunciante. 26 de outubro do 2009

cabalo_dte

 

Se te atopas ante unha ilegalidade así, chama ao servizo do nº 112 para que poidan enviar aos axentes que verifiquen a denuncia e fagan a correspondente investigación. Con elo contribues a pór fin a un feito ilegal!

 

Deixa a túa opinión en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.