| Publícase a DIA do aproveitamento hidroeléctrico da Central de San Pedro II no río Sil |
| Escrito por Montse Valencia |
| Luns, 04 Xaneiro 2010 15:42 |
|
O 25 de decembro saiu publicado no Boletín Oficial do Estado, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do aproveitamento hidroeléctrico denominado San Pedro II no río Sil á altura do termo municipal ourensano de Nogueira de Ramuín. A DIA formulada cualificouse como “favorable” polo Ministerio para ledicia da empresa Iberdrola.
Foto: río Sil. 7 de xullo de 2009, tras o vaciado onde presuntamente se respectou o caudal ecolóxico.
A sobreexplotación do río Sil, debido ás numerosas instalacións hidroeléctricas da empresa Iberdrola, teñen o visto e prace do Ministerio de Medio Ambiente quen formula o informe ambiental preceptivo e, de novo, favorable á empresa titular do proxecto. Con este xa son, polo de agora, 5 os proxectos hidroeléctricos executados ou en vias de facelo no río Sil.
Amigos da Terra lembra que a paraxe deste río inclúese na Rede Natura 2000 por formar parte dun Lugar de Interese Comunitario (LIC) Cañón do Sil. Ademais, foi cualificado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Cañón do Sil. Ambos títulos foron outorgados en base as súas especiais características ambientais: a riqueza vexetativa, a faunística, a hidrolóxica, a paisaxística e a cultural. Nembargante, non son valores suficientes para que a administración poña freo a un novo proxecto cuio impacto ambiental é incuestionable e que pode significar a revocación dos títulos ambientais outorgados e con elo, conlevar a unha total desprotección, aínda que esta xa parece estar latente.
O seguinte e inminente propósito da hidroeléctrica é a obtención favorable da DIA de Santa Cristina, outro aproveitamento hidroeléctrico que segundo técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil non se debera levar a cabo polas múltiples repercusións que a obra vai ter na zona. Pese a elo, parece que a Secretaría do Estado de Cambio Climático do Ministerio de Medio Ambiente, ten unha opinión ben diferente e xa se fala de autorizar ambientalmente esta nova explotación.
Podes consultar a DIA pinchando aquí e podes deixar a túa opinión en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|



