Portada Denuncias O concello de San Cibrao das Viñas é sancionado con 18.800 euros por outro verquido ao río Barbaña
O concello de San Cibrao das Viñas é sancionado con 18.800 euros por outro verquido ao río Barbaña
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 20 Xaneiro 2010 12:21

barbanha_08

Amigos da Terra recibiu hoxe a resolución do Ministerio de Medio Ambiente pola que se resolve impór ao concello de San Cibrao dúas multas económicas, unha de 15.025,30 euros por unha infracción cualificada de “menos grave” da Lei de Augas, e outra de 3.715,20 euros de conformidade co disposto no Regulamento do Dominio Público Hidráulico pola obriga de indemnizar os danos ocasionados ás augas do río Barbaña.

 

Considéranse feitos probados, segundo enuncia a resolución, o “Verquido de augas residuais ao cauce do río Barbaña incumplindo as condicións establecidas na autorización de verquido” outorgada pola Confederación Hidrográfica do Norte no 2004. As alegacións feitas polo concello de San Cibrao non aportaron novos elementos en orde a modificar a súa responsabilidade. Tamén da resolución enviada despréndese que “resulta probada a reiteración da conducta antixurídica realizada pola Entidade Local”, ao incoarse contra a mesma outros dous expedientes sancionadores resoltos no 2006 e 2008.

 

A cualificación da Lei de Augas atende a súa repercusión na orde e aproveitamento do dominio público hidráulico ao contér o verquido realizado substancias perigosas, como o cobre e o zinc.

 

Pero parece que se obviou pola Administración o tenor completo do artigo citado que recolle que se terá en conta á hora de determinar a imposición da multa: a seguridade das persoas e bens e ás circunstancias do responsable, o seu grado de malicia, participación e beneficio obtido, así como o deterioro producido na calidade do recurso.


 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.