Portada Denuncias Auto polo que se paralizan cautelarmente as obras de recheo do peirao de Vigo
Auto polo que se paralizan cautelarmente as obras de recheo do peirao de Vigo
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 21 Xaneiro 2010 10:41

porto

Última hora: a Xustiza desestima o recurso presentado pola Autoridade Portuaria. A paralización das obras vai continuar durante as pescudas xudiciais.

 

Amigos da Terra tivo acceso ao auto a través da Rede de Avogados para a Defensa Ambiental, rede da que forma parte a asesora xurídica do colectivo. Neste auto a xuíza de Vigo impón medidas cautelares de paralización das obras de recheo do peirao de Vigo, por entender que existe presuntamente un delito ecolóxico xa que as obras carecen de avaliación de impacto ambiental.

 

O auto establece estas medidas cautelares precisamente para a protección e seguridade na investigación do delito quedando facultado o órgano xurisdiccional en adoptalas para realizar axeitadamente os actos que conforman o proceso.

 

As obras teñen a súa orixe nun proxecto do ano 2002 denominado “Ampliación del muelle del Arenal” e se atopan dentro dunha zona que reviste especial protección ao tratarse de proxectos de construción de urbanizacións a través de terreo gañado á mar e por elo, debe concurrir a preservación dos recursos naturais e a defensa do medio ambiente, tal e como o auto establece para garantir o tenor do artigo 45 da Constitución Española, é dicir, do dereito que todos temos de disfrutar dun medio ambiente axeitado para o desenvolvemento e temos tamén o deber de conservar dito medio ambiente.

 

Amigos da Terra loa ademáis a rápida decisión da xuíza de paralizar as obras xa que estas, minimamente iniciadas cando foi dictado o auto, poderían ser irreversibles de determinarse a cualificación de delito ecolóxico nun tempo e para entón, xa non habería marcha atrás.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.