Portada Denuncias O concello de Ourense é sancionado por un verquido de augas residuais aos ríos Barbaña e Miño
O concello de Ourense é sancionado por un verquido de augas residuais aos ríos Barbaña e Miño
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 09 Febreiro 2010 16:31

verquidobarbanha_portada

 

As canles de ambos ríos sufriron verquidos de augas residuais non autorizados no ano 2008, polo que se lle impón ao concello de Ourense unha multa de 12.000 euros e unha indemnización por danos aos ríos de 1.900 euros.

 

Amigos da Terra, que denunciara en reiteradas ocasións a existencia dos verquidos de augas residuais á altura da Ponte do Milenium no ano 2008, ven de recibir a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que se resolve incoar expediente sancionador contra o concello de Ourense.

 

Os feitos que se consideran probados son a realización de “verquidos de augas residuais aos leitos dos ríos Barbaña e Miño”, incumprindo as condicións establecidas nas autorizacións outorgadas no ano 2002. Impútaselle ao concello de Ourense unha infracción administrativa da Lei de Augas e cualificada como menos grave segundo o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

 

Fonte: denunciante. Outubro 2008

 

verquido_barbanha


Amigos da Terra salienta da resolución que se sanciona ao concello pola reiteración da conducta antixurídica xa que con anterioridade se incoaran outros dous expedientes sancionadores polos mesmos feitos acaecidos no 2004 e 2007, respectivamente. Polo tanto, a “inobservancia” por parte da administración ourensana de previr os feitos contaminantes levaron á imposición da contía citada anteriormente.

 

verquidobarbanha_08

 

A imposición deste tipo de sancións, constitúen unha parte da educación ambiental necesarias para previr actos contaminantes pero que serán del todo ineficaces senón se complementan coa concienciación e sensibilización algo que, ata o de agora, non mostran as administracións galegas respecto ao coidado do medio ambiente e ao cumprimento estrito das leis que o preservan.

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.