| Continuan as agresións á fauna galega |
| Escrito por Montse Valencia |
| Mércores, 17 Febreiro 2010 12:35 |
|
Amigos da Terra reitera as denuncias por maltrato animal cuio orixe é a colocación de trabas aos equinos galegos. Esta práctica habitual en Galicia é ilegal, sancionándose pola Lei de protección animal como infracción grave cuias sancións poden alcanzar os 3.000 euros ou os 15.000 se se demostra a reiteración dos feitos por un mesmo dono.
Pero ademais, a Consellería do Medio Rural publicou en decembro do 2008, un decreto polo que queda regulado que todos os propietarios de equinos deberán ter a estos identificados, co que a práctica de maltrato pola colocación de trabas e pexas, veríase diminuída por canto os animais identificados mediante microchip, arroxarían a información suficiente sobre o propietario maltratador.
A colocación, polo tanto, de artulixios que causen dor aos animais será sancionado pola Lei galega de protección animal e a falta de identificación dos animais, polo decreto que se remite á Lei estatal de Sanidade Animal cuias multas ascenden aos 60.000 euros.
Amigos da Terra ten solicitado á Consellería do Medio Rural cales van ser as medidas que esta adopte para informar a todos os propietarios de gando do contido das normas, xa que consideramos que a imposición das multas é tan só unha das partes do traballo que debe facer a administración galega completándose esta, con xornadas informativas ao cidadán.
Ademais, é necesaria a creación dunha rede de colaboración entre o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA), encargados da identificación dos propietarios dos equinos trabados e/ou sen identificar, xunto cos veciños e alcaldes das localidades onde se atopan os animais maltratados, para que a pescuda sobre os mesmos sexa máis rápida e eficaz.
Neste senso, a asociación agradece a todos aqueles denunciantes que alertaron da presenza destes animais:
Equino trabado nos montes de Gabín (Montederramo). Xaneiro 2010
Equinos trabados en Rairiz de Veiga. Febreiro 2010
|







