| Amigos da Terra esixe ás administracións, información da situación ambiental da canteira de Xinzo |
| Escrito por Montse Valencia |
| Venres, 12 Marzo 2010 12:05 |
|
A empresa titular da explotación mineira de Parada de Ribeira leva 20 anos traballando sen autorización municipal. Por este motivo, dende Amigos da Terra solicítase información sobre a situación ambiental desta explotación ás administracións autonómicas encargadas de outorgar as autorizacións e informes ambientais obrigatorios.
Foto: Parada de Ribeira
A Lei de ordenación da minería de Galicia aprobada no ano 2008, establece a obriga de que, tanto concellos como órganos autonómicos, elaboren e emitan os correspondes informes e autorizacións. Dun lado, os concellos deben emitir un informe sobre as cuestións de competencia municipal e pola súa parte, Industria, Medio Ambiente e Medio Rural, deberán elaborar informes preceptivos e determinantes en relación á compatibilidade da explotación mineira co medio ambiente, co patrimonio cultural, co patrimonio urbanístico e territorial e mesmo coa ordenación agraria do lugar onde se empraza a explotación mineira.
Ademais, previo a actividade de explotación, deberá someterse a unha avaliación de impacto ambiental, xa que as actividades mineiras degradan o medio ambiente dun xeito significativo e, na maioría dos casos, irrecuperable. Por iso, tamén será obrigatorio que o titular da explotación mineira presente á administración un plan de restauración da zona afectada pola mina en caso de finalizar a actividade extractiva.
Fonte: Xornal de Galicia. 2010
O cumprimento de todas estas obrigas legais é o que pescuda Amigos da Terra a través da petición de información ambiental, dereito recollecido por lei a toda organización e cidadán co fin de garantir o cumprimento do artico 45 da Constitución Española: todos temos dereito a disfrutar dun medio ambiente axeitado, así como o deber de conservalo e, os poderes público que velarán polo uso racional dos recursos naturais, co fin de protexer o medio ambiente.
|




