Portada Denuncias Amigos da Terra denuncia a presenza de balsas ilegais de purins en Castro Caldelas
Amigos da Terra denuncia a presenza de balsas ilegais de purins en Castro Caldelas
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 05 Abril 2010 11:03

balsa_portada

 

As denuncias foron interpostas ante a Consellería do Medio Rural e de Sanidade alertando da presenza de cinco balsas que acollen os purins que un veciño de Castro Caldelas transporta en camións ata un terreo que se presume da súa propiedade.

 

Os restos orgánicos son vertidos directamente polo veciño que os transporta en camións procedentes de granxas de animais ata unhas fincas das que se supón que é titular. As balsas carecen de xestión algunha ou impermeabilización que as faga aptas para este tipo de actividade, polo que os purins acábanse filtrando ao subsolo, danando os posibles acuíferos e outros descenden pola escorrentía ladeira abaixo, desmellorando a calidade do solo e danando a cuberta vexetal do terreo.

 

Fonte: denunciante. Balsas cos purins en Castro Caldelas. Marzo 2010

 

balsa1

 

Non existe unha explotación agraria coma tal vinculada á actividade desenvolvida polo veciño, explotación que regula a lei de residuos. As balsas non están illadas nin existe drenaxe das mesmas, polo que se presume que é unha actividade non regulada nin autorizada e polo tanto, ilegal.

 

balsa2

 

O veciño estaría incorrendo nunha infracción moi grave da lei que levaría aparellada unha sanción económica que podería elevarse aos 2 millóns de euros e a restitución do medio ambiente ao seu estado orixinario porque, aínda que este particular sexa o titular do terreo, ningún cidadán está lexitimado a facer actividades non autorizadas ou que poñan en risco e serio perigo o medio ambiente.

 

balsa3

 

Debe terse en conta, así mesmo, a alta concentración de nitratos que conteñen os purins dos animais o que conleva á contaminación de augas e solos e tamén da atmosfera polas emisións ao aire que se producen ao ser balsas a ceo aberto.

 

canle

Amigos da Terra queda á espera das resolucións administrativas que poidan arroxar información sobre a situación das balsas de Castro Caldelas e se corresponde, da imposición das correspondentes sancións.

 

terreoqueimada

 

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.