| Conservación da Natureza confirma a vertedura ao río Támega denunciada por Amigos da Terra |
| Escrito por Montse Valencia |
| Luns, 28 Xuño 2010 09:37 |
|
O pasado mes de maio, Amigos da Terra denunciou ante o Servizo de Conservación da Natureza de Ourense, ante o concello de Verín e ante a Confederación Hidrográfica, a existencia dunha vertedura ao río Támega. O perigo desta vertedura poténciase pola reiteración dos feitos en distintos puntos.
Así o confirma Conservación da Natureza que detectou verteduras tamén no río Pequeño, afluente do Támega, cuio orixe se localiza na incorrecta xestión de dúas fosas sépticas.
Este Servizo, pertencente á Xunta de Galicia, contactou co concello de Verín alertándoo da situación e co fin de que lle dera unha solución sostible a ditas verteduras. Os axentes están a facer un seguemento das actuación que debe levar a cabo o concello.
En todo caso, deben atoparse responsables aos que impór a correspondente sanción por contaminación das augas dun río. Este posicionamente será transmitido por Amigos da Terra ás autoridades competentes pois non é posible a impunidade ante uns feitos tan graves que puideran devir en situacións ambientais irreversibles e sen que ninguén se faga cargo do cumprimento da lexislación e do pago de indemnizacións por danos ao dominio público hidráulico.
|




