Portada Denuncias
Denuncias
Construcións que ameazan a Rede Natura autorizadas polas administracións
Escrito por Webmaster   
Martes, 08 Xullo 2008 00:00


A serra de San Mamede está protexida ambientalmente con normativa europea, por canto pertence ao Macizo Central ourensá que é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) incluído na Rede Natura polo seu singular valor ecolóxico.

A 300 metros do cumio da serra estase levando a cabo unha construción do que parece será un depósito de auga o que, inevitablemente, está a provocar unha desfeita ecolóxica, ambiental e paisaxística.

Ler máis...
 
Programa de limpeza e rexeneración de espazos naturais
Escrito por Webmaster   
Mércores, 25 Xuño 2008 00:00




A Consellería de Medio Ambiente de Ourense vai proceder á limpeza de entullos de obra e pneumáticos usados dun vertedoiro ilegal situado no concello de A Teixeira que Amigos da Terra denunciou a través do comunicado dun veciño do lugar.

Ler máis...
 
Amigos da Terra recorre ante o Valedor do Pobo para obter o Plan de Labores Anual dunha canteira de Toén
Escrito por Webmaster   
Luns, 16 Xuño 2008 12:05



Amigos da Terra
solicitou en varias ocasións á delegación de Industria de Ourense o Plan de Labores Anual dunha das explotacións mineiras sitas no municipio ourensá de Toén, sen que este foxe remitido á organización que finalmente interpuxo queixa ante o Valedor do Pobo.


Ler máis...
 
Amigos da Terra denuncia ante a Fiscalía a presenza de gando con trancas
Escrito por Webmaster   
Xoves, 12 Xuño 2008 08:29
A entidade ecoloxista ven de tramitar a denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra pola presenza en montes pontevedreses de gando equino con trabas ou cepos inmobilizadores.

Fai dous anos que se tramitaban dende o colectivo ecoloxista as primeiras denuncias que arroxaban a necesidade de abrir unha investigación tendente á identificación dos autores de tales ilegalidades. O feito de impór trabas ou cepos ao gando equino que se estende polos montes galegos constitúe, ademais dun acto cruel, un acto sancionado pola lei.

Ler máis...
 
Ineptitude empresarial e administrativa
Escrito por Webmaster   
Luns, 09 Xuño 2008 00:00



Amigos da Terra
ven de pór en coñecemento do concello de Ourense mediante denuncia, a actuación ilegal que a empresa privada xestora dos residuos urbanos da cidade leva a cabo a diario para desfacerse das augas provintes da limpeza dos colectores da cidade e restos de podas e lixo o que está a afectar gravemente á paisaxe de Santa Mariña de Ourense.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior1112131415161718SeguinteFinal »

Páxina 18 de 18
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.