Portada NOVAS No día internacional da Reciclaxe, Reducir debe ser a prioridade.
No día internacional da Reciclaxe, Reducir debe ser a prioridade.
Escrito por Maria Durán   
Mércores, 16 Maio 2012 14:13
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

recycle-symbol

Para unha axeitada xestión do lixo en Galicia a reciclaxe é un ingrediente secundario nunha receita, na que o papel principal o ten que xogar a reducción.

No día da reciclaxe, Amigos da Terra denuncia que as institucións pública seguen a xogar ao despiste coa xestión do lixo. Impulsando campañas de separación selectiva completamente valeiras, dando a razón a moitos cidadáns que xa dubidan da importancia de separar”.

 

Segundo declara María Durán, responsable de residuos de Amigos da Terra: “a separación e a reciclaxe son necesarias pero non suficientes, a redución en cambio é imprescindible, eso é o que ten que entender a Consellería de medio ambiente”.

Lonxe destas propostas, a Xunta de Galicia e en particular SOGAMA participa estes días nun exercicio de “lavado verde” impulsando a recollida selectiva e confundindo a cidadanía entre o prioritario (reducir) e o secundario (separar), sen falar sequera de reciclaxe. 

Amigos da Terra quere aproveitar o día internacional da reciclaxe para manifestar que os esforzos que o Goberno Galego e en particular SOGAMA están a facer para solucionar o problema do lixo na nosa comunidade non están a altura da implicación que ten a cidadanía coa reciclaxe e coa separación selectiva. 

A mostra está en que cando existe un compromiso coa xestión dos residuos, a cidadanía é sensible a problemática e permite, como é no caso do modelo de xestión no Barbaza que as taxas de recuperación e reciclaxe estén a niveis das máis altas de Europa (ver taboa) mentres que o modelo SOGAMA segue a invertir o diñeiro público en ocultar a información e confundir a cidadanía, e o que é peor, permítese dar leccións de xestión cando a planta é incapaz de superar o 3% de materia reciclada. 

Igualmente, a Xunta esquece o seu compromiso coa reducción do 10% que asinou fai a penas dous anos e pretende delegar a responsabilidade nunha cidadanía que comeza a estar farta de que lle tomen o pelo coa xestión dos residuos segundo sabemos polo estudio sociolóxico que Amigos da Terra e a Universidade Autónoma de Madrid elaboraron en 2010, segundo o cal: “As administracións públicas resultan ser as principais responsables da problemática dos residuos”. 

O día internacional da reciclaxe é un bo momento para reivindicar outra política na xestión dos residuos en Galicia que xa é imprescindible, cos seguintes 3 puntos principais:

 A aposta pola reducción indo cara a porcentaxes máis ambiciosos que os que establece o plan de residuos.

A aposta decidida pola reciclaxe que permitiría recuperar até o 50% dos residuos xerados.

O abandono do modelo de incineración por innecesario, insostible e ineficaz.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.