Portada NOVAS "O sétimo continente", un exemplo da preocupante situación dos nosos océanos
"O sétimo continente", un exemplo da preocupante situación dos nosos océanos
Escrito por Laura Casal   
Xoves, 07 Xuño 2012 17:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

lixo_oceanosHoxe, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, Amigos da Terra quere concienciar sobre a grave situación en que se atopa os nosos océanos, altamente contaminados, denunciando a acumulación de residuos que se está a dar nos nosos mares, onde se forman placas de lixo de proporcións abrumadoras.

Unha destas placas, xa identificada, está a ser estudiada por un grupo de científicos que foron entrevistados antes de partir en expedición. Como resultado, a xornalista Ana Fuentes elborou esta interesante reportaxe que vos achegamos.

 

Un grupo de científicos ecoloxistas embárcase nunha expedición a un vertedoiro case 100 veces maior que Holanda que flota no medio do Océano Pacífico.


Todo o mundo sabe o que é o cambio climático, pero poucos oíron falar do "sétimo continete". Trátase dunha illa de lixo 97 veces máis extensa que Holanda e duns 30 metros de espesor entre as costas de California e Hawai. Pesa ao redor de 3,5 millóns de toneladas e máis ben é unha enorme sopa de residuos porque non se pode camiñar por ella. Descubriuna de pura casualidade en 1999 o oceanógrafo estadounidense Charles Moore porque non está preto de ningunha ruta marítima comercial nin turística. Os satélites non poden detectala: só pode avistarse dende a ponte dos barcos. Malia todo, constitúe unha das maiores ameazas ecolóxicas actuais.


Como a placa está en augas internacionais, ninguén se fai cargo dela. Para concienciar á comunidade internacional, o pasado 2 de maio un equipo de ecoloxistas franceses partiu en expedición dende San Diego a este país de desfeitos. "O 80% por cento dos residuos provén de terra firme, da poboación que habita as costas. Chegan ao mar transportados polos ríos e o vento. Trátase dun tipo de residuos que botamos aos ríos ou que proveñene do lixo. Por exemplo, paquetes de deterxente ou o casco dun barco naufragadao por un tsunami", explica en entrevista telefónica Alain Dupont. Mergullador e experto en travesías marítimas, Dupont forma parte da primeira expedición europea ao "sétimo continente".


Dupont e os seus catro compañeiros (mergulladores, navegantes experimentados e científicos) propuxéronse varios obxectivos para esta expedición dun mes. O primeiro: precisar canto ocupa a placa de lixo e que perigo supón. "Os satélites actualmente detectan varios parámetros como a temperatura do auga, a altitude, a salinidade, a presión ou a cor, por fotometría. Sen embargo, o plástico disgrégase en partículas de menos dun milímetro de tamaño, que entran en contacto cos peces e o pláncton", apunta Dupont.


O plástico non é biodegradable, e a miúdo pode durar máis de 100 anos. Unha cifra aterradora que achega Greenpeace: a proporción de plástico na zona do continente lixo xa é seis veces maior á do pláncton. Os animais confunden as partículas do plástico coa súa comida, non poden dixerilas e moitos rematan morrendo. Outros acumulan toxinas, trastornando toda a cadea alimentaria.


¿Cal é a solución? Repescar os residuos é practicamente imposible porque custaría decenas de miles de millóns de euros. Ningún goberno se fai cargo porque as placas están en augas internacionais e legalmente non están obligados a iso. De feito, este non é o único continente de lixo que existe: hai unha placa similar no Océano Atlántico. Pero as campañas contra os residuos como moito céntranse no litoral, non en alta mar. Dupont insiste en que este problema é tan grave como o do cambio climático e ve crucial sensibilizar ás novas xeracións. " O noso desafío principal nesta misión será redactar comunicados e informarción a diario, en tempo real e enviar correos e imaxes, que o público poida seguir na nosa páxina  de septiemecontinent e en Facebook".


A expedición foi financiada principalmente pola rexión da Güiana francesa e polo Centro Nacional de Estudios Espaciais, pero os ecoloxisteas seguen precisando patrocinadores. O seu plan é colaborar coas escolas e as institucións que se vaian sumando ao proxecto. Tamén pretenden traballar cóbado con cóbado con científicos suizos e estadounidenses que investigan o fenómeno dos continentes lixo.


"Os plásticos que flotan no oceáno quedaranse aí para sempre. Está practicamente confirmado que non hai xeito de sacalos. O que hai que facer é deixar de botar desperdicios ao mar para evitar que se agrande este fenómeno", sinala Dupont. Porque o problema crece, e de forma exponencial. Os científicos calculan que en 20 anos o sétimo continente será tan grande como Europa.


Fonte: Ana Fuentes. RNW

Foto: Alvaro Felipe

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.