Portada NOVAS No día sen bolsas, Amigos da Terra reclama pasos adiante na eliminación das bolsas dun só uso.
No día sen bolsas, Amigos da Terra reclama pasos adiante na eliminación das bolsas dun só uso.
Escrito por Maria Durán   
Luns, 02 Xullo 2012 12:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

FotoBolsas

Mañá 3 de xullo, Amigos da Terra únese a outras organizacións como Gaia, Zero Waste ou a Fundación Catalá para a prevención de residuos e consumo responsable na celebración do Día Internacional sen bolsas de plástico dun só uso, co lema, A bolsa ou a vida [1].

Como en anos anteriores, Amigos da Terra solicita a redución das bolsas de plástico, cunha vida media de 15 minutos. Estas bolsas, no mellor dos casos, terminarán en vertedoiros ou incineradoras, desperdiciando así valiosos recursos naturais, ou aínda peor, abandonadas na natureza, onde tardarán máis de 100 anos en descomporse.

Amigos da Terra celebra os pasos que se deron nos últimos anos, xa que un gran número de establecementos deixou de distribuír de xeito gratuíto as bolsas de plástico, convencendo así á cidadanía para reducir o seu consumo. Dende a asociación,sinalamos que “é o momento de dar un paso máis establecendo unha taxa unitaria realmente disuasoria, e cuxo fin sexa a protección ambiental, e non o lucro das grandes superficies”. Este é o modelo implantado en Irlanda mediante mandato gobernamental, a través do cal impúxose unha taxa de 25 céntimos. Agora, o diñeiro recadado emprégase para proxectos ambientais e o uso das bolsas reduciuse un 95%.

 

“Nunha situación como a actual, onde os recortes do goberno para proxectos sociais e ambientais son preocupantes, non se debería desperdiciar a oportunidade de obter recursos para estes fins, protexendo o medio ambiente e aplicando a premisa de quen contamina paga”


Amigos da Terra rexeita as bolsas dun só uso, independentemente do material do que estean fabricadas. A ONG considera as bolsas biodegradables unha falsa solución, xa que se despraza o problema a outro recurso natural, ademais de dificultar os procesos de reciclaxe de plástico xa existentes.

 

Tras a aprobación da Lei de residuos en xullo de 2011, débese cumprir un calendario de eliminación de bolsas de plástico dun só uso [2]. A aplicación deste calendario, cambiando as actuais bolsas por sistemas reutilizables (carriños, mochilas, bolsas de tea, etc.,) será un avance fundamental de España no seu compromiso con Europa para xestionar eficazmente os recursos naturais e reducir a xeración de residuos. Amigos da Terra espera que as modificacións que se están levando a cabo na Lei anteriormente mencionada non modifique o compromiso adquirido, e que, en todo caso, o reforce acabando coa posibilidade de substituír o plástico por outro material tamén de usar e tirar [3].

 Notas:

[1] http://www.residusiconsum.org/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=111&Itemid=99

[2] http://www.boe.es/boe/dias/2011/07/29/pdfs/BOE-A-2011-13046.pdf

[3] http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/05/pdfs/BOE-A-2012-5989.pdf

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.