| Arzúa amplía a Compostaxe Doméstica |
| Escrito por Maria Durán |
| Martes, 28 Outubro 2008 09:27 |
|
O proceso iniciciase cunha reunión informativa da execución do proxecto e tamén formativa acerca do proceso de compostaxe cas partes implicadas no proxecto e os participantes seleccionados.
Dita reunión de participantes de compostaxe doméstica terá lugar no Salón Multiusos do concello de Arzúa o día 30 de Outubro ás 20: 00 horas. Trala formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proxecto.
O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar a os cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para elo se repartirá un composteiro de 420 litros a cada familia. Asimesmo, se lles proverá dun manual para coñecer máis de preto o proceso e asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra.
Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaránse tres visitas nos domicilios dos participantes, así como algunha visita extra si fora solicitada, para resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto.
|

Xa son preto de 200 ás familias que actualmente xestionan os seus propios residuos orgánicos no concello de Arzúa; e este xoves sumaranse 16 familias mais a este proxecto.