| Propostas para unha xestión preventiva e sostible dos residuos sólidos urbanos en Galicia |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 17 Xuño 2009 11:47 |
![]() A FEG e Amigos da Terra, presentaron hoxe en Santiago de Compostela, o informe “Propostas para unha xestión preventiva e sostible dos residuos sólidos urbanos en Galicia”, que xurde co obxectivo de ofrecer a este novo goberno, propostas sostibles para unha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos. Ante as recentes declaracións do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de afrontar o incremento no volume de residuos galegos a través do aumento da incineración e da reciclaxe, a FEG e Amigos da Terra manifestan a súa preocupación e alerta de que estas políticas afondan nos erros do pasado. Por este motivo, presentan este informe de propostas que se entregarán posteriormente á Consellería de Medio Ambiente, co obxectivo de que sexan tidas en conta e incorporadas ás políticas galegas de xestión dos residuos. |


