Portada Novas Campaña de sensibilización ambiental nas praias de Marín
Campaña de sensibilización ambiental nas praias de Marín
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 24 Agosto 2009 09:35

090821_basura_praia

Amigos da Terra, en colaboración coa concellería de medio ambiente do Concello de Marín (Pontevedra), inicia hoxe unha campaña de sensibilización ambiental nas praias deste municipio pontevedrés, co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de coidar as praias e os seus ecosistemas, dando a coñecer os sistemas de mellora implantados ata o momento e informándolles sobre a necesidade de colaboración de todos/as na conservación destas zonas.

A campaña que se prolongará durante toda a semana, percorrerá cada día un areal distinto do concello, deste xeito, estaremos presentes nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e A Coviña en horario de 17.00 a 20.00 horas.

 

Contaremos cun posto informativo no que sensibilizaremos aos cidadáns sobre a necesidade de coidar destas zonas e no que poremos a súa disposición guías de separación selectivas, trípticos da campaña, cinceiros de praia e colectores de pilas.

 

Así mesmo, faremos un cuestionario aos usuarios das praias co fin de coñecer a súa percepción sobre a necesidade de protección destes ecosistemas e comprobar o seu coñecemento sobre as problemáticas ambientais.

 

Por outra banda, á beira da carpa teremos unha zona de ocio para todos os públicos na que realizaremos un obradoiro de cestería con papel reciclado e xogaremos co “Twister dos residuos”, co cal comprobaremos se sabemos separar ben os residuos nas praias.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.