| Amigos da Terra e o Concello de O Grove lanzan un programa de compostaxe doméstica |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 19 Outubro 2009 14:57 |
|
Amigos da Terra comeza hoxe as visitas de seguemento do proxecto “Compostaxe doméstica descentralizada no concello de O Grove” que contará cunha duración de 9 meses.
A preocupación do Concello de O Grove polo crecente aumento de toneladas de residuos orgánicos nos vertedoiros, levou á Concellaría de Limpeza do mesmo, a plantexar esta iniciativa de compostaxe, ou proceso de descomposición da materia orgánica, de xeito controlado. Ademais este programa conta cunha axuda da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia.
Dada a experiencia de Amigos da Terra neste eido, e a súa dilatada traxectoria en proxectos de compostaxe doméstica para a realización deste proxecto, solicitouse a colaboración da asociación, nas tarefas de formación, seguemento e avaliación dos participantes.
Os e as participantes deste proxecto serán familias, de O Grove, sumando un total de 100 composteiros.
O proxecto, que durará 9 meses, arrancou coa fase formativa durante o verán, e a partir deste vindeiro luns, os técnicos de Amigos da Terra visitarán cada unha das familias participantes, co fin de facer un seguemento técnico do proceso, ó longo destes nove meses.
Coa compostaxe estaremos reducindo nun 50% a cantidade de residuos enviadas ó contedor xenérico, producindo un importante aforro municipal, ademáis de obter un producto de calidade para os solos galegos.
O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño/a do Grove, ter un pequeno xardín ou horta e estar disposto e motivado a formar parte deste proxecto educativo e formativo.
|


