| Este San Valentín, se diferente! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 11 Febreiro 2010 11:27 |
|
San Valentín é unha data creada para consumir sen razón. Os e as cidadás, lanzámonos as rúas os días previos a comprar desmesuradamente e dun xeito totalmente insostible tanto ambiental, como socialmente. Se o noso modelo de consumo, o dos países do Norte, se estendera ao resto do mundo, serían precisos 3 planetas, coas súas materias primas e as súas fontes enerxéticas, para abastecernos.
E como planetas, só temos un, dende Amigos da Terra, propomos que sexamos un pouco máis orixinais este vindeiro San Valentín. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas, que o transformarán nun San Valentín máis responsable.
Como medida novidosa deste ano, e tras o éxito da “Tarxeta de Exención de Agasallo” do pasado Nadal, lanzamos esta tarxeta para San Valentín, que nos declara libre da obriga de mercar un agasallo neste día.
Consiste nunha tarxeta que cada un de nós pode asinar, e na que se compromete a non recibir un agasallo material este San Valentín. A cambio, enviará esta tarxeta a súa parella ou amigos/as, co obxectivo de que estes, cambien o seu clásico agasallo material por algúns dos orixinais que propomos na tarxeta: un paseo nunha paraxe natural, unha boa cea, unha entrada para un espectáculo ou calquera outra suxestión que se nos ocorra. A xente pode descargar a tarxeta na páxina web de Amigos da Terra.
E se aínda así, decidimos que queremos facer un agasallo, non esquezamos unhas pequenas pautas que debemos de ter en conta.
Se tes pensado regalar este San Valentín, se diferente!!! |





