| Certificado de exencion de Agasallo |
| Escrito por Maria Durán |
| Mércores, 10 Marzo 2010 09:50 |
|
Dende Amigos da Terra, propomos que sexamos un pouco máis conscientes este Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas, que o transformarán nun Nadal máis responsable. Como medida novidosa deste ano, lanzamos o noso "Certificado de exención de agasallo". Consiste nunha tarxeta que cada un de nós pode asinar, e na que se compromete a non recibir un agasallo material este Nadal. Descarga a túa tarxeta e fai un agasallo único e responsable este Nadal.
|


