Portada NOVAS Amigos da Terra denuncia a falta de información sobre a ubicación exacta da nova planta de residuos
Amigos da Terra denuncia a falta de información sobre a ubicación exacta da nova planta de residuos
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 28 Abril 2011 16:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

incineracion_residuos

Dende Amigos da Terra manifestamos a nosa preocupación pola política opaca que se está a levar a cabo dende a Consellería de Medio Ambiente. O novo plan de residuos aprobado pola Xunta de Galicia esquece a redución, e centraliza a xestión do lixo nunha nova planta incineradora que estará situada na franxa sur de Galicia, pero aínda non se coñece o municipio que acollerá dita infraestrutura.

 

Esta nova planta, imita ao actual modelo SOGAMA e afonda nos erros do pasado, pero a Consellería de Medio Ambiente non quere dicir onde a queren poñer nin de que se trata. "É inaceptable que a cidadanía acuda as eleccións municipais sen saber se no seu concello o goberno local vai a instalar unha planta de residuos. Os cidadáns teñen dereito a saber o que van a facer os seus representantes, niso consiste a democracia", afirmou María Durán, responsable de residuos de Amigos da Terra.

 

Así mesmo, a asociación lamenta que a planta sexa unha incineradora, reincidindo nos erros do pasado e repetindo unha vez mais o fracasado modelo SOGAMA. Todo indica que o eufemisticamente chamado "parque medioambiental" non teña nada de "parque" nin de "medio ambiente" e sexa semellante a actual SOGAMA. Compre lembrar que a incineración é unha das principais fontes de gases de efecto invernadoiro en Galicia así como a emisión de dioxinas, o tóxico canceríxeno máis potente que se coñece. Igualmente a enerxía producida apenas é suficiente para abastecer o consumo da propia planta.

 

No referente ás últimas declaracións do Presidente da Deputación de Ourense, nas que amosa o seu desexo de que a provincia sexa a elixida para acoller a nova planta incineradora do sur, Amigos da Terra manifesta o seu rexeitamento a esta planta, tanto en Ourense coma en calquera outro municipio galego, como falsa solución para a xestión dos residuos.

 

Existen en Galicia modelos de xestión mellores que xerarían maior número de empregos e moitos menos impactos, como é o exemplo da planta de Lousame. A opción elixida pola Xunta de Galicia, so pode explicarse por intereses particulares e industriais e non medioambientales.

 

Para a asociación, o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, pon unha vez máis, os intereses privados por riba dos públicos, satisfacendo as esixencias das empresas enerxéticas dispostas a inverter no negocio do lixo e acadar grandes rendementos económicos, a pesar de non supor a solución para o problema de fondo.

 

A compostaxe, a reutilización e a reciclaxe xerarían moitos máis postos de traballo


Se prevee que a nova planta podería aportar entre 300 ou 400 empregos directos, unha auténtica miseria tendo en conta os empregos que se podería xerar apostando pola compostaxe comunitaria. A instalación de plantas de compostaxe en cada unha das mancomunidades e dos municipios máis poboados, fomentando unha industria galega do retorno e a reciclaxe de residuos e apostando pola redución en orixe. Ademais, de sensibilizando e lexislando para afrontar de forma realista e pragmática a problemática.

 

Pedimos o compromiso dos grupos políticos e a mobilización da cidadanía

 

Por outra banda, os partidos da oposición non se manifestaron de forma contundente ao respecto do Plan de Residuos , Amigos da Terra pídelles que rexeiten explicitamente este plan e se comprometan a derrogalo se chegan ao goberno. Igualmente, o compromiso de que nos municipios nos que gobernen PSOE e BNG non se instalará a planta de residuos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.