Portada NOVAS A Bolsa con Estrela: Campaña para a redución de bolsas dun só uso no Comercio de Marín
A Bolsa con Estrela: Campaña para a redución de bolsas dun só uso no Comercio de Marín
Escrito por Maria Durán   
Venres, 09 Setembro 2011 10:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

balint_mezo-2011-7585

 

 “A bolsa con Estrela” é a primeira iniciativa en Galicia que xunta a unha asociación de comerciantes locais, Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e a unha asociación ambientalista, Amigos da Terra, nunha campaña de información e sensibilización,  dirixida tanto a comerciantes como a consumidores e consumidoras, para reducir e pouco a pouco eliminar o emprego de bolsas dun só uso.


Calcúlase que pola man de cada galego e galega pasan unhas 234 bolsas de un só uso ó ano, o que trae como resultado, máis de 600 millóns de bolsas  xeradas en Galicia, nun só ano. Estas bolsas, cunha vida útil de 20 minutos, do comercio á casa e ó lixo, simbolizan a incultura do usar e tirar.

Este sábado 10 de setembro continuaremos coa campaña no mercado de Marín, cunha mesa informativa, a exposición de Amigos da Terra acerca dos residuos, mostra de exemplos para levar as compras sen empregar bolsa de un só uso e información de como se pode participar na campaña.

Entregarase material informativo e os cupóns para que as persoas participen, estes cupóns  serán selados cada vez que renuncien a unha bolsa de plástico en todos os establecementos asociados á  Estrela de Marín. Por cada cupón cuberto con seis selos distintos  entregarase unha bolsa reutilizable, que premiará o  compromiso       
da cidadanía co Medio Ambiente. Ademais cada cupón completo entrará ademais no sorteo dun dos dez carros da compra, que se realizará o  sábado 2 de Outubro no propio mercado de Marín.

Pretendemos así, contando coa participación e compromiso de consumidores e consumidoras e a colaboración dos e das comerciantes, reducir e, pouco a pouco eliminar as bolsas de un só uso do pequeno comercio en Marín.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.