| Amigos da Terra denuncia a falta de información sobre a ubicación exacta da nova planta de residuos |
| Escrito por Maria Durán |
| Mércores, 16 Novembro 2011 10:57 |
|
Temos dereito a saber o que queren facer! A asociación ecoloxista manifesta a súa preocupación pola política opaca que se está a levar a cabo dende a Consellería de Medio Ambiente. O novo plan de residuos aprobado pola Xunta de Galicia esquece a redución e centraliza a xestión do lixo nunha nova planta incineradora que estará situada na franxa sur de Galicia, pero aínda non se coñece o municipio que acollerá dita infraestrutura. Esta nova planta, imita ao actual modelo SOGAMA e afonda nos erros do pasado, pero a Consellería de Medio Ambiente non quere anunciar a súa ubicación concreta, e menos antes dun proceso electoral pois son conscientes do rexeitamento maioritario da cidadanía a esas instalacións. “É inaceptable que a cidadanía acuda as eleccións xerais sen saber se no seu concello vaise a instalar unha planta de residuos. Os cidadáns teñen dereito a saber o que van a facer os seus representantes e participar nas decisións, niso consiste a democracia”, afirmou María Durán, responsable de residuos de Amigos da Terra. Así mesmo, a asociación lamenta que a planta sexa unha incineradora, reincidindo nos erros do pasado e repetindo unha vez mais o fracasado modelo SOGAMA. Todo indica que o eufemísticamente chamado “parque medioambiental” non teña nada de “parque” nin de “medio ambiente” e sexa semellante a actual SOGAMA. Compre lembrar que a incineración é unha das principais fontes de gases de efecto invernadoiro en Galicia así como a emisión de dioxinas, o tóxico canceríxeno máis potente que se coñece. Igualmente a enerxía producida apenas é suficiente para abastecer o consumo da propia planta. Segundo declara María Durán, responsable de residuos de Amigos da Terra: “existen en Galicia modelos de xestión mellores que xerarían maior número de empregos e moitos menos impactos, como é o exemplo da planta de Lousame, a opción elixida pola Xunta de Galicia entendemos que so pode explicarse por intereses particulares e industriais e non medioambientais”. Para a asociación, Agustín Hernández pon unha vez máis, os intereses privados por riba dos públicos, satisfacendo as esixencias das empresas enerxéticas dispostas a inverter no negocio do lixo e acadar grandes rendementos económicos, a pesar de non supor a solución para o problema de fondo. A compostaxe, a reutilización e a reciclaxe xeneran moitos máis postos de traballo. Se prevee que a nova planta podería aportar entre 300 ou 400 empregos directos, unha auténtica miseria tendo en conta os empregos que se podería xerar apostando pola compostaxe comunitaria. A instalación de plantas de compostaxe en cada unha das mancomunidades e dos municipios máis poboados, fomentando unha industria galega do retorno e a reciclaxe de residuos e apostando pola redución en orixe, sensibilizando e lexislando para afrontar de forma realista e pragmática a problemática. Si a creación de emprego e o elemento clave das políticas, como se nos insiste reiteradamente, nos parece incomprensible que non se aposte decididamente polos sistemas de xestión de residuos con maior potencial de xenerar postos de traballo co valor engadido do seu beneficio ambiental. Pedimos o compromiso dos grupos políticos e a mobilización da cidadanía Os partidos non se manifestaron de forma contundente ao respecto das súas propostas sobre a xestión de residuos. Amigos da Terra pide unha aposta decidida pola reducción, reutilización, reciclxe e compostaxe, e un rexeitamento explícito da incineración. “Os cidadán teñen dereito a saber con a máxima concrección o que farán os seus representantes antes de ir as urnas”. |






Comentarios
galiciaparaelmundo.com/.../...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.