Portada NOVAS En Compostela, nin un envase ó chan Retorna Tour chega a Universidade de Compostela
En Compostela, nin un envase ó chan Retorna Tour chega a Universidade de Compostela
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 14 Decembro 2011 10:09
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

retorna

 

No día de hoxe, mércores 14 de decembro, ás 12.30 na Praza do Obradoiro presentase á prensa e ás persoas interesadas, como en poucos días pode mudar o concepto de envase/residuo.

 

O pequeno incentivo de 5 céntimos por envase e a demostración de como funciona un sistema máis xusto, económico e ecoeficiente está conseguindo unha participación en aumento. Unha cámara interna mostra a eficacia da separación e compactación dos envases.

 

A máquina, que separa e compacta o envase a vista da participante mediante unhas cámaras internas, e a gaiola externa que vai enchéndose coas balas limpas de materia prima secundaria para reciclaxe, mostra a poboación os beneficios económicos e ambientais do SDDR (Sistema de Depósito, Devolución e Retorno).

 

Este sistema non se basea unicamente na separación automática xa que os comercios poderían funcionar con devolución manual, o cal o fai sustentábel para todo o tecido comercial que podería beneficiarse do retorno de "proximidade" dos envases.

 

A iniciativa de RETORNA, asociación composta por axentes sociais, empresas,ONG ambientais entre as que estan Verdegaia e Amigos da Terra e institucións, pretende acercar a varias cidades do estado este sistema de recuperación, o SDDR (Sistema de Depósito, Devolución e Retorno), que incrementaría en cerca dun 40% os residuos de envases de bebidas actualmente reciclados, aumentando en medio millón de toneladas anuais os envases recollidos selectivamente.

 

Práctica que se leva a cabo por un crecente número de estados, países e rexións que ano tras ano engrosan a lista de sistemas de depósito existentes. Ningún país que implantara o SDDR retirouno, senón que se amplían os sistemas para cubrir novos produtos.

 

Para máis información:

http://www.retorna.org

http://www.facebook.com/retorna

http://www.twitter.com/_retorna

http://retornarparaelfuturo.blogspot.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Antón 14/12/2011 15:08
A unidade móbil de RETORNA estará ate o día 16 de Decembro, de 17 a 20 horas no Campus Sur, fronte á biblioteca Concepción Arenal.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.