| Reduce para crecer: entra nun mundo de baixo consumo |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Venres, 03 Febreiro 2012 11:44 |
|
Sabías que na actualidade consumimos un 50% máis de recursos naturais que hai 30 anos?
Este consumo significa 60.000 millóns de toneladas de materias primas ao ano, e coas tendencias de crecemento anual, estímase que en 2030 esta cifra podería incrementarse ata 100.000 millóns de toneladas. Estas cifras non soan moi sostibles...
E ademais o consumo de recursos naturais non é equitativo en todos os países. Unha persoa europea consume case 10 veces máis recursos que unha africana. Isto tampouco soa moi xusto...
Se xa te decidiches: entra nun mundo de baixo consumo
Que responsabilidade temos nós nestas cifras? A maior parte dos nosos actos cotiáns implican consumo de recursos. A roupa que usamos, os alimentos que comemos, como nos movemos, etc., afectan aos recursos naturais do noso planeta.
Un sinxelo exemplo obsérvase na fabricación de botellas de auga que se consumen en España, para as que se usan 270 millóns de litros de petróleo, cando se podería abrir a billa, usar filtros, reutilizar botellas de vidro, etc.
Para poder coñecer os datos de consumo de recursos naturais dalgúns produtos, e alternativas para a vida diaria, Amigos de la Tierra publicou Un Mundo de Baixo Consumo, no que poderás informarte de xeito interactivo e comezar a vivir nun mundo de baixo consumo.
Pica sobre as imaxes e descobre o noso consumo de recursos naturais! |







