|
As ONG ecoloxistas enviaron unha carta ao Sistema Integrado de Xestión (SIG) de residuos de envases, Ecoembes, tras o recente anuncio á prensa da entidade de aumentar as actuais porcentaxes de recuperación e reciclaxe nos próximos anos. As organizacións asinantes amosan o seu escepticismo ao SIG fronte a estas declaracións, e queren coñecer máis detalles sobre as medidas que se van a pór en marcha para asegurar o incremento da reciclaxe.
Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Amigos da Terra, Fundación Global Nature, Verdegaia, a Fundació per á Prevenció de Residus i o Consum Responsable, Ecologistes de Catalunya e CEPA enviaron no día de hoxe unha carta a Ecoembes, solicitando información sobre as accións que pretenden implantar para lograr o incremento anunciado na reciclaxe. Agardamos unha resposta clara sobre os prazos da súa implantación, as actuacións para mellorar os sistemas de recollida e se van diferir da xestión levada ao longo dos seus 13 anos de existencia. Esta solicitude enmárcase no convenio de Aarhus, transposto á lexislación española mediante a Lei 27/2006 (1).
Cada día poñense no mercado 51 millóns de envases (2) que nun período moi curto de tempo acaban converténdose en lixo. Ata a data, só o 35% (3) destes residuos xerados recóllese selectivamente, o resto vértese, incinerase ou vai á vertedoiros, desperdiciando así unha enorme cantidade de recursos naturais, cada vez máis escasos. Esta xestión incorrecta dos envases ten un custo para as administracións de 68 millóns de euros en concepto de recollida e tratamento dos envases que non van parar ao colector de recollida selectiva, ao que se suman outros 65 millóns de euros polo valor das materias primas (aluminio, metal, plástico, etc.), que non se recuperan para a súa posterior reciclaxe. Nun contexto de crise económica e ambiental, malgastar 133 millóns de euros ao ano non é viable (4).
As persoas representantes da sociedade civil manifestan a súa preocupación polo excesivo consumo de recursos naturais, os problemas asociados á súa extracción e a elevada xeración de residuos. Neste sentido consideramos imprescindible que tanto as administracións, como a industria e a cidadanía, asuman a súa responsabilidade e poñan en marcha as accións necesarias para solucionar esta problemática.
As medidas a desenvolver deberían estar encamiñadas en primeiro lugar á redución dos residuos xerados, á reutilización e, en terceiro lugar e antes de pór en marcha medidas finalistas, ao aumento das porcentaxes de reciclaxe, cumprindo a xerarquía europea de xestión de residuos. Isto é o que as organizacións ecoloxistas esperan de Ecoembes, polo que seguirán moi de cerca as medidas que se vaian a implantar pola entidade para garantir un aumento real das porcentaxes de reciclaxe.
Notas:
(1) Ley 27/2006 de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente
(2) Canadean 2011
(3) Eurostat 2011
(4) Evaluación de Costes de introducción de un Sistema de Depósito, Devolución y Retorno de Envases en España. Eunomia 2012 |