|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Xoves, 24 Xaneiro 2013 10:28 |
|

Un novo estudo de Gaia (1) revela que as incineradoras que están en funcionamento nalgúns estados da UE suman máis capacidade para queimar lixo que a cantidade de residuos non reciclables xerados. Non obstante, a industria está a premer para ampliar aínda máis a capacidade de incineración en Europa.
O caso da incineradora de Mallorca en España é un exemplo da situación. Ao construírse cunha capacidade maior á dos residuos xerados na illa, comezáronse a importar refugallos de Sabadell. Aínda que a intención da empresa, que xestiona a incineradora, e do Consell de Mallorca é importar o lixo dende outros países europeos.
|
|
Escrito por Maria Durán
|
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 10:56 |
|
Esta semana estaremos no Edificio politécnico da Universidade Vigo en Ourense, recollendo sinaturas para a aprobación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.
Para dar a coñecer o texto e impulsar a recollida de sinaturas estaremos o mércores día 16, Xoves 17 e venres 18. Pasate a asinar!
|
|
Escrito por Maria Durán
|
|
Xoves, 10 Xaneiro 2013 09:48 |
|
Preto xa do peche da “Campaña de Recollida de Sinaturas,” durante os días 11 e 12 de Xaneiro, terá lugar unha nova recollida de sinaturas nas rúas de toda Galicia por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración.
|
|
Escrito por Maria Durán
|
|
Mércores, 19 Decembro 2012 11:56 |
|
Amigos da Terra propón aos cidadáns/as que sexamos un pouco máis conscientes nas festas do Nadal. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas que o transformarán nun Nadal máis responsable.
Este nadal aposta polo ecoloxismo e a orixinalidade e pide que o teu agasallo sexa esta tarxeta.
|