Portada NOVAS
Novas de Residuos
Por que os chamamos residuos cando son recursos? Semana Europea da redución de residuos
Escrito por Maria Durán   
Martes, 20 Novembro 2012 14:28

 

logo_semana_prevencion_2009Un ano máis ten lugar a Semana Europea de Prevención de Residuos, aínda que máis que de prevención, gústanos falar de redución para pór o acento onde é máis necesario. Por este motivo desde Amigos da Terra a renomeamos como a Semana Europea de Redución de Residuos.

Este ano, reducíronse os residuos xerados en Galicia e en todo o estado, pero non foi por efecto das campañas de educación ambiental, nin polo cambio no modelo de consumo, nin polas mellores prácticas das empresas.. non, foi pola crise económica que rebaixou o consumo e, polo tanto, a xeración de residuos reducise nun 2%.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Os produtos da Praza na bolsa da casa: campaña para a reducion de bolsas de un só uso
Escrito por Maria Durán   
Xoves, 25 Outubro 2012 12:43

balint_mezo-2011-7585Os produtos da Praza na bolsa da casa impulsará a redución de bolsas dun só uso no comercio da Praza de Abastos de Ourense.

Trátase dunha inciciativa novedosa estreada hoxe mesmo na cidade de Ourense, que xunta a varios axentes: A Concellería de Limpeza e xestión de residuos, a Organización ecoloxista Amigos da Terra, A Concellería de Voluntariado e a Praza de Abastos da cidade; nunha campaña de información e sensibilización, dirixida tanto tanto a comerciantes como a consumidores, para reducir, e progresivamente eliminar, o consumo de bolsas dun só uso.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Amigos da Terra participa na Semana de Cine e Medio ambiente.
Escrito por Maria Durán   
Xoves, 18 Outubro 2012 09:08

Cartel_Uvigo_Ciclo_Cine_Ambiental_2012Amigos da Terra participará esta semana no ciclo de cine Ambiental e social, organizado pola Universidade de Vigo, Campus de Ourense, no que dinamizaremos o documental "Comprar, tirar, comprar".

Falaremos de obsolescencia programada, de esgotamento de recursos naturais, de consumismo e xestión de residuos, provocando un debate entre os universitarios asistentes e pretendendo sensibilizar na necesidade de un novo modelo de consumo baseado na responsabilidade ambiental e social, como persoas e como colectivo.

Descargar programa aquí .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Non á Incineración. Nin no Sur de Galicia nin en ningún outro lado
Escrito por Maria Durán   
Mércores, 26 Setembro 2012 16:10

 

Captura-de-pantalla

En relación ao recente anuncio oficial por parte da Xunta de Galicia no que se renuncia oficial e definitivamente á construción dunha nova incineradora para Galicia, os colectivos ecoloxistas e Plataformas Cidadás declaradas en contra da incineración, queremos manifestar o seguinte:

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Recollida simultánea de sinaturas contra a Incineración
Escrito por Maria Durán   
Xoves, 13 Setembro 2012 08:01

Captura-de-pantallaEsta tarde, terá lugar nas rúas das principais cidades galegas e en outros pequenos municipios das catro provincias, unha recollida simultánea de Sinaturas pola Iniciativa Lexislativa popular contra a incineración. Logo de recontadas as sinaturas recollidas nestas accións simultáneas farase unha primeira valoración do progreso da campaña ata o momento.

 

Para que a ILP sexa debatida no Parlamento, son precisas 15.000 sinaturas que deberán ser recollidas en 4 meses

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Máis artigos...
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 4 de 22
área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.