Portada Novas Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra
Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 20 Xullo 2009 10:07

 

SVE_Adam_Titusz_

A asociación Amigos da Terra, acolle a dous novos voluntarios europeos: Adam Jaworski de Polonia e Titusz Dézsi de Hungría, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano. Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven no noso centro.

O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e conta cunha axuda económica de 14865 Euros. Este proxecto esta enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

 

A asociación Amigos da Terra conta na actualidade con outros dous voluntarios Romain Denisot de Francia e Roland Hauser de Austria, que participan no mesmo proxecto dentro do programa xuventude da Unión Europea.

 

Dende Amigos da Terra queremos animar a todos os mozos e mozas ourensáns que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.