Portada NOVAS Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra
Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 14 Febreiro 2012 13:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

sve_mapa_eu

 

A asociación Amigos da Terra, acolle a dúas novas persoas voluntarias europeas ambas de Portugal: Marcos Matos de Oporto e Carla Trindade de Lisboa, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.

Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros.

 

 

O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

 

sve_marcos_carla

 

Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2012 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Dinamarca, Eslovaquia, Francia, Italia e Turquía.

 

Dende a asociación queremos animar a tódolos mozos e mozas ourensáns que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Antón 14/02/2012 17:10
Benvida Carla, benvido Marcos. Moitos ánimos e moita sorte nesta etapa con Amigos da Terra.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Voluntariado Europeo

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.