|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Luns, 08 Marzo 2010 19:11 |
|

A pasada fin de semana realizamos unha nova ecovixía polos Canóns do Sil, unha zona incluída dentro da Rede Natura, co obxectivo de detectar as desfeitas contra a natureza que se están a levar a cabo na Ribeira Sacra e desfrutar dun día en plena natureza.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Xoves, 04 Marzo 2010 08:07 |
|

A Ribeira Sacra é o lugar elixido por Amigos da Terra e Alberto Rivero para realizar unha nova saída de ecovianza, co obxectivo de detectar os problemas ambientais e as desfeitas contra a natureza que se están a realizar nesta zona. Terá lugar o vindeiro 6 de marzo, polo que aínda estades a tempo de apuntarvos.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Sábado, 05 Decembro 2009 13:08 |
|

Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado, hoxe 5 de decembro, dende Amigos da Terra queremos recoñecer a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria co obxectivo de mellorar a situación do noso medioambiente e da sociedade en xeral.
Por todo elo, queremos agradecervos a vosa colaboración e solidaridade.
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Martes, 30 Xuño 2009 08:06 |
|
Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura vai a levar a cabo, por noveno ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 280 persoas. A idea desta iniciativa xurdiu no ano 2000 froito de dúas grandes preocupacións que vivimos na actualidade, os incendios forestais e a necesidade de doazóns de sangue para os hospitais. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Martes, 16 Xuño 2009 18:32 |
Amigos da Terra estará de novo presente no Festival Alternativo da Xuventude de Ourense, os días 19 e 20 de xuño. Nesta ocasión, será para lembrar aos asistentes aos diferentes concertos, a necesidade de protexer aos animais que cada día son vítimas inocentes da ciencia, del entretemento e dos caprichos dos seres humanos e informarlles así mesmo ,da posibilidade e dos trámites a realizar no caso de querer adoptar un animal. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 2 |