Portada Novas Amigos da Terra estará no FAX Festival 2009
Amigos da Terra estará no FAX Festival 2009
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 16 Xuño 2009 18:32
Amigos da Terra estará de novo presente no Festival Alternativo da Xuventude de Ourense, os días 19 e 20 de xuño. Nesta ocasión, será para lembrar aos asistentes aos diferentes concertos, a necesidade de protexer aos animais que cada día son vítimas inocentes da ciencia, del entretemento e dos caprichos dos seres humanos e informarlles así mesmo ,da posibilidade e dos trámites a realizar no caso de querer adoptar un animal.

Quen reivindicamos os dereitos dos animais o facemos buscando un trato xusto e digno para eles, o que se traduce en tres dereitos fundamentais: o dereito á vida, a non ser torturados e a unha vida libre, sen ser considerados propiedade do ser humano.

Deste xeito, poñeremos unha mesa informativa no campus universitario de 20 a 23 horas, na que encontraredes todo tipo de información e asesoramento sobre o tema das adopcións e os dereitos dos animais.

Esperámoste!
 
Voluntariado Local
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.