| Nova ecovixía pola Ribeira Sacra |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 04 Marzo 2010 08:07 |
|
A Ribeira Sacra é o lugar elixido por Amigos da Terra e Alberto Rivero para realizar unha nova saída de ecovianza, co obxectivo de detectar os problemas ambientais e as desfeitas contra a natureza que se están a realizar nesta zona. Terá lugar o vindeiro 6 de marzo, polo que aínda estades a tempo de apuntarvos. Data: sábado 6 de marzo.
Saída: 10h. desde a Explanada da comisaría de Policía en Ourense. Regreso: ás 19h.
Que levar: a comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, e calzado cómodo. Tamén recomendamos prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.
Data límite inscrición:venres 5 de marzo ata ás 12.00 horas (é necesario respectar esta data para que poidamos organizarnos nos coches que dispomos para ir).
Animádevos e apuntádevos poñéndovos en contacto con Amigos da Terra: 988.37.43.18 (Ángel Dorrío) ou nos email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|


