Portada NOVAS Ecovixía polas Fragas do Eume
Ecovixía polas Fragas do Eume
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 26 Abril 2010 19:14
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100425_fragas_paisaxe_

O domingo pasado realizamos unha nova ecovixía polo Parque Natural das Fragas do Eume, unha zona que conta con máis de 9000 ha de superficie de lagos, vales, bosques e natureza viva e verde situado na provincia de A Coruña. Saímos a media mañá dende a localidade de Pontedeume para entrar no parque natural polo portal de A Capela, acompañados en todo momento polo guía local, Manolo Cortizas, que nos ensinou o seu coñecemento e experiencias sobre esta zona.

Percorremos varios sendeiros ao carón do río Eume observando a paisaxe típica das fragas, con árbores coma amieiros, bidueiros, freixos, abeleiras, érbedos, acivros, carballos e castiñeiros. Así mesmo, puidemos observar varias especies protexidas de felgos da época terciaria coma a Woodwardia radicans, a Culcita macrocarpa ou a Davallia canariensis.

100425_felgo_

Descubrimos as historias e lendas da zona, coma a dos penedos dos maquis, a fraga das mozas ou a fraga do retorno. Ademais, puidemos coñecer os antigos usos tradicionais da zona, coma os cultivos dos soutos, os cultivos en socalcos polas pendentes das ladeiras do río, a extracción de madeira polos fragueiros ou a fabricación de carbón.

 

100425_fragas_do_eume_maqui

Diferentes construcións típicas da zona aparecían ao noso paso polos camiños, coma as “curripas”, construcións redondas de pedra onde se almacenaban por unhas semanas os ourizos dos castiñeiros para madurar e secarse e que actualmente atópanse abandonadas. Os “caneiros”, canais de pedra para pescar os salmóns ou as “pedras chairas” no leito do río, onde eran recollidas coas varas de abalar as sambesugas, que despois eran utilizadas con fins medicinais.

100425_fragas_do_eume_curripa

Xa pola tarde puidemos descubrir o patrimonio cultural da zona, visitando o Mosteiro de Caaveiro e o Museo etnográfico de A Capela.

100425_fragas_do_eume_grupo

Non obstante, fronte a espectacularidade e beleza das Fragas do Eume, atopamos varios problemas ambientais que afectan a esta paraxe, como as plantacións de eucaliptos que se mesturan entre a paisaxe, invadindo tódolos terreos e coroando as cimas das fragas, os encoros que fabrican recibos de luz deixando seco o río ou a central térmica de As Pontes que cos seus fumes estragan os cultivos agrícolas da zona.

 

Ademais, nestes intres acaba de xurdir unha nova ameaza para as Fragas, a concesión dunha licenza para unha extracción mineira, que vai a afectar a este enclave natural e que precisa por parte da administración de medidas reais e efectivas que impidan a súa degradación.

100425_fragas_do_eume_paisa

 

Máis fotos

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Voluntariado Local

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.