| Campaña: Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore |
| Escrito por Webmaster |
| Luns, 07 Xullo 2008 00:00 |
|
Nesta ocasión, tamén colaborarase na conservación do Medio Ambiente, porque grazas as doazóns de sangue poderemos plantar unha árbore autóctona nos montes de Ourense, tan afectados polos incendios, xa que por cada persoa que doe sangue na unidade móbil se plantará unha árbore entre os meses de outubro e decembro. Como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais están a aumentar dun modo alarmante nos meses de verán. A través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente. A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense: Luns, 14 de xullo: Rúa do Paseo 37, diante da “IBENSE”. Horario: 15.30 a 21h Martes, 15 de xullo: Rúa do Paseo 37, diante da “IBENSE”. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h Mércores, 16 de xullo: Rúa da Coruña, esquina Rúa do Progreso, no Posio. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h Xoves, 17 de xullo: Rúa Vilarreal 6, ao caron do colexio Santo Ángel. Horario: 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21h Venres 18 de xullo: Rúa Nuño de Ousende nº 14, diante da Igrexa da Milagrosa. Horario: 15.30 a 21h Sábado 19 de xullo: Avda. de Santiago Esquina coa Rúa do Vinteún Horario: 10.00 a 15.00 h. ![]() Tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/-a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña. Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós: Amigos da Terra Telf: 988 374 318 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |


