| A Campaña "Axuda a vivir: Doa sangue e planta unha árbore" acada 278 doazóns de sangue |
| Escrito por Webmaster |
| Martes, 22 Xullo 2008 00:00 |
|
A iniciativa, que tivo lugar entre os días 14 e 19 de xullo en distintos puntos da cidade de Ourense, tentaba acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón e provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que por cada doazón plantarase no vindeiro outono unha arbore para reforestar unha área degradada dos montes galegos. ![]() Amigos da Terra e o CTG queren mostrar os eu agradecemento pola súa labor solidaria a todas as persoas voluntarias que colaboraron na campaña, así coma tamén aos cidadáns a súa participación nas campañas de doazón ao longo do presente ano. |

A campaña 
