Portada NOVAS Contribúe na reforestación da Serra de San Mamede participando no Desafío Solidario 2012
Contribúe na reforestación da Serra de San Mamede participando no Desafío Solidario 2012
Escrito por Raquel Fernández Rodríguez   
Mércores, 11 Abril 2012 12:13
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cartaz_desafio_solidario2012_copy

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Desafío Solidario 2012, un evento deportivo organizado por Vía XVIII e a Cruz Vermella de Maceda que ten como obxectivo solidario deste ano, coa colaboración de Amigos da Terra, participar na reforestación da Serra de San Mamede despois das perdas acaidas polos lumes do pasado outubro.

 

A proba terá lugar o día 20 de maio a partir das 9 da mañá e conta con tres modalidades de participación: marcha BTT, carreira e andaina. Os diferentes percorridos permitirán que te achegues a coñecer os diferentes pobos encravados ao pe da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza nun entorno natural protexido, aínda que moi castigado.

 

A cota de inscrición é de 16 €, dos cales 10€ se destinarán a sufragar os gastos que ocasiona a celebración do evento e 6€ irán, en concepto de donativo, á repoboación forestal da Serra de San Mamede; proxecto que levará a cabo Amigos da Terra a través do traballo con voluntariado.

 

Para máis información sobre a carreira e os percorridos nas diferentes modalidades en Vía XVIII

Para formalizar a inscrición

Para participar como voluntaria/o contacta con nós no teléfono 988 37 43 18 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Voluntariado Local

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.