Portada NOVAS Amigos da Terra convídate a participar en ConTenedores
Amigos da Terra convídate a participar en ConTenedores
Escrito por Raquel Fernández Rodríguez   
Mércores, 25 Abril 2012 11:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Contenedores_okpequeweb

Porque xa estamos fartas e fartos de escoitar falar da crise e de que as receitas para superala sexan consumir máis e máis, convidámosvos a participar en:

ConTenedores, unha iniciativa que persegue facer visible o malgasto dunha sociedade como a europea, que acaba descartando a metade de todos os alimentos que produce, mentres case 1000 millóns de persoas non teñen o suficiente para comer e 25.000 individuos morren de fame cada día.

 

O sábado 28 de abril, ás 19:00 horas no local de Amigos da Terra en Vigo, tras unha breve contextualización da xornada, organizaremos comandos de recollida de comida que, a pesar de estar en bo estado, remata nos contedores próximos a supermercados, panaderías e froiterías e rescataremos todos os alimentos que poidamos. Unha vez no local prepararemos e cociñaremos a comida liberada e nos daremos unha merecida homenaxe, como a que nos ofreceu Brais na última xuntanza que tivemos, con estas filloas recheas e uns batidos de froitas exquisitos; todo elaborado con produtos salvados das fauces inmisericordes dos contedores das nosas rúas.

 120420filloas_freeganas_copy

 

Lembrade traer o voso servizo de prato, vaso, culler, garfo, coitelo e pano de mesa!

Para facernos unha idea de cantas persoas seremos o sábado nos comandos rescatadores e na preparación e degustación da cea enviade un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Contextualizando un pouquiño

A sociedade capitalista impón un ritmo de consumo tan acelerado que boa parte do que mercamos acaba nos vertedoiros moito antes de que a súa vida útil real remate. Isto é evidente cos aparellos eléctricos e electrónicos, mediante a obsolescencia programada; coa roupa ou o calzado, que pasa de moda dunha tempada a outra; cos mobles baratos que non vale a pena arranxar, etc... pero o máis doloroso e rechamante e ver comida en bo estado que simplemente é descartada por ter poucas posibilidades de ser vendida.

 

Non sempre todo o que deitamos aos contedores é lixo, moitas veces confundimos as fechas de caducidade coas de consumo preferente e pensamos que pode non estar en bo estado, ás veces calculamos mal o que podemos comer unha semana ou non nos apetece o que temos máis a man. Só en España se calcula que cada persoa desbota da súa casa uns 82 kg de comida ao ano, por estes motivos. Pero o que tiramos dende as casas e a porción menor de todo o que se vai perdendo ao longo do proceso de produción, distribución e venda.

 

Vivir nunha sociedade que malgasta boa parte do seus recursos dun xeito obsceno desata a imaxinación de moitas e moitos que traballan para vivir nunha sociedade diferente, si queres saber máis deles consulta sobre freeganismo

 

Ata o Parlamento Europeo está escandalizado coa cantidade de alimentos que remata deitada no lixo, si queres máis datos preme aquí

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Raquel 07/05/2012 13:07
Por si queredes ver algunha das fotos da xornada
picasaweb.google.com/.../...
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Voluntariado Local

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.