| Participa no convivio-xornada de formación e acción de voluntariado en As Corcerizas |
| Escrito por Raquel Fernández Rodríguez |
| Luns, 14 Maio 2012 14:44 |
|
A maior parte da actividade do sábado estará centrada na campaña de Alimentos Kilométricos, realizaremos unha formación co obxectivo de coñecer o impacto do actual modelo alimentario e das alternativas para poder cambialo. Tentaremos dotar á xornada de ferramentas útiles, con xogos e dinámicas, para que as/os participantes poidamos empregar e difundir todo o que asimilemos, formando parte dunha nova rede para un cambio de modelo.
A última hora da tarde, aproveitaremos para visitar o percorrido da carreira do día seguinte e identificar os postos que cubriremos. O domingo, ben cediño, cada voluntaria e voluntario teremos xa un lugar asignado polos colectivos que organizan a carreira, nos desprazaremos ata os puntos indicados e dende alí, colaboraremos coa difusión de información, a atención e o avituallamento das/os participantes deste Desafío Solidario 2012. Coa colaboración de:
PROGRAMA Sábado, 19 de maio 11:00 - 13:30 Presentación e formación na campaña Alimentos Kilómétricos 13:30 - 15:00 Xantar 15:00 - 17:00 Como difundir alternativas: xogo colectivo 17:00 - 17:30 Descanso 17:30 - 20:00 Acción de voluntariado en As Corcerizas e preparación da xornada do domingo Domingo, 20 de maio 7:30 - 9:00 Comezo da actividade de voluntariado coa distribución de persoas polos distintos postos de avituallamento da carreira Xantar a cargo da organización
INSCRICIÓN Envíanos a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax antes do 18 de maio a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Fax: 988 511 020 R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense |

Esta fin de semana 


