Portada NOVAS Amigos da Terra rexeita a intención do Concello de Muiños de recuperar as Chegas de Bois
Amigos da Terra rexeita a intención do Concello de Muiños de recuperar as Chegas de Bois
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 07 Agosto 2012 12:34
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

xures_01Amigos da Terra rexeita rotundamente todas aquelas "tradicións" que se basean en crueis espectáculos que levan implícito o maltrato animal. Para a asociación ecoloxista ningunha presunta tradición nin cultura (sexa galega ou española) é compatible nin pode xustificar a tortura. Polo demáis no caso do Concello de Muiños prodúcese o agravante de ilegalidade reiterada pois dita actividade xa foi sendo sancionada dende fai anos como infracción moi grave con base na Lei 1/93 de protección animal.

 

Amigos da Terra non alcanza a comprender como un Concello incluído na Carta Europea de Turismo Sostible do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, non contempla no seu programa de festas de verán alternativas educativas e sostibles, promovendo o patrimonio cultural e natural da zona.

 

O rexedor de Muiños ignora tamén que as denuncias e protestas dos colectivos ecoloxistas e animalistas contra ás touradas se producen constantemente, xustamente nestas datas, tanto en grandes cidades coma A Coruña, Pontevedra... coma en pequenas vilas como en Allariz, Sarria... A tortura non e máis ou menos admisible en función da demografía.

 

Amigos da Terra invita a todolos concellos que organizan actividades con animais a que exploren outro tipo de festexos que sen dúbida darían realce ás súas festas e unha gran proxección turística, como por exemplo a "chega de alcaldes" na que edís de vilas próximas disputasen as súas diferenzas a cabezadas, ou ben "a solta de concelleiros" na que a corporación municipal podería correr polas rúas da vila perseguidos polo pobo que lles encirraría con xornais enrolados ata conducilos ao edificio consistorial.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.