Portada Novas Rede de Avogados para a Defensa Ambiental no territorio español
Rede de Avogados para a Defensa Ambiental no territorio español
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 06 Novembro 2008 17:18

 

A representante xurídica de Amigos da Terra é un dos membros integrantes da RADARede de Avogados para a Defensa Ambiental , rede que nace co obxectivo principal de pór en común recursos e buscar solucións aos problemas que se atopan á hora de defender o medio ambiente dende o eido legal.

 

 

A rede está integrada por 40 membros, todos eles profesionais xurídicos e activistas do mundo da protección ambiental. Algunha das afirmacións que se defendían ante o plantexamento da creación da Rede, versaban sobre o feito de que os avogados ambientalistas atopan moitas dificultades á hora de defender o medio ambiente pola escasa aplicación e coñecemento da lexislación ambiental, a complexidade dos temas e a falta de medios.


Neste senso, destacar que a aplicación do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación pública e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, é moi deficiente en todo o territorio español e precisa dun maior desenvolvemento normativo.

O camiño que adquire a Rede será o da creación dunha páxina web propia, o intercambio de información xurídica entre os integrantes e resolución de dúbidas xurídico-ambientais e a convocatoria dunha próxima reunión dentro duns meses para asentar unha base sólida da Rede.

Se pensa nun futuro convidar outros sectores relacionados co medio ambiente e non expresamente xuristas, como biólogos, ambientólogos ou xornalistas especializados na materia ambiental.

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.