Portada NOVAS Xornada no CEIDA: Situación actual e novas perspectivas do Dereito Ambiental en Galicia
Xornada no CEIDA: Situación actual e novas perspectivas do Dereito Ambiental en Galicia
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 17 Novembro 2008 10:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

 

O vindeiro luns 24 de novembro, Amigos da Terra participará na Xornada que, sobre Dereito Ambiental, organizan o Centro de Extensión e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), a Universidade da Coruña e o Observatorio do Litoral.

Para consultar o Programa preme aquí.



“O Dereito Ambiental concíbese como un sistema normativo dirixido á preservación do entorno mediante o control da contaminación e a garantía dun uso sostible dos recursos naturais e responde á toma de conciencia xeneralizada, a nivel nacional e internacional, sobre a necesidade de frear o proceso de deterioro do fráxil ecosistema, gravemente ameazado polo potencial destructivo da civilización moderna” [1]

Amigos da Terra, a través da responsable xurídica da asociación, presentará as experiencias que dende a mesma se suceden cada día respecto ao uso e manexo da lexislación ambiental. As autoridades e institucións, así como empresas e particulares, son os suxeitos que, ás veces de modo reiterado, incumpren a normativa xerando unha situación ambiental insostible e, na maioría dos casos, irreversible. A impunidade ven tamén caracterizando as agresións que se acometen contra o medio ambiente.

Nesta Xornada, na que asistirán ponentes especializados en dereito e medio ambiente, tratarase de “reflexionar sobre a política e o dereito ambiental en Galicia, fundamentalmente o seu nivel de desenvolvemento e aplicación”.


[1] Administración y Legislación Ambiental.
Lozano, Blanca
Alli, Juan-Cruz

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.