Portada NOVAS Denuncia Ambiental Virtual de Amigos da Terra
Denuncia Ambiental Virtual de Amigos da Terra
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 19 Xaneiro 2009 11:09
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Amigos da Terra lembra á cidadanía que ten a súa disposición, na páxina web da entidade, o formulario de denuncia ambiental (coa posibilidade de achegar fotografías) para o caso de que detecten algunha agresión ao medio ambiente e llo queiran comunicar ao departamento xurídico da entidade.

Este tipo de mecanismos, de doado manexo e áxil tramitación, ven complementar, de forma necesaria, os contidos do Manual Xurídico. Este Manual vai ser obxecto de revisión e ampliación polo servizo xurídico da asociación co cal pretende ofrecer á cidadanía a información xurídica sempre actualizada.



Durante o ano 2008 repartíronse preto de mil Manuais por toda a Comunidade. Moitos foron os cidadáns que se achegaron á sede da asociación e o solicitaron, aínda que a través do teléfono e vía electrónica tamén se demandaron algúns destes exemplares. O Manual está a disposición do público na páxina web de Amigos da Terra de forma electrónica, o que repercute nun aforro de papel importante.

Asesorar das pautas que todos os cidadáns deben seguir á hora de denunciar unha agresión ao medio ambiente, supón proporcionar a estes os instrumentos axeitados de denuncia. Trátase de que cada cidadán teña a “tutela” do entorno ecolóxico onde habita e denuncie, de ser necesario, aquelo que acontece preto da súa casa. Para elo é necesario que coñeza a tramitación da denuncia dende o principio, ben a vaia a facer de forma telefónica ou ben, de forma escrita ou escollendo o modelo de denuncia virtual de Amigos da Terra.

A asociación proporciona así, á cidadanía e a todos aqueles interesados, unha información e asesoramento que a administración non é quen de dar deixando o medio ambiente nunha total desprotección xurídica (e administrativa) fronte aos agresores.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.