| A mobilización social logra frear o proxecto de investigación dunha canteira |
| Escrito por Montse Valencia |
| Mércores, 28 Xaneiro 2009 10:33 |
|
Conseguiuse que o día 1 de decembro pasado a empresa promotora presentase a solicitude de baixa do proxecto de investigación desta canteira que afectaba aos montes comunais de Amoedo (Concello de Pazos de Borbén), Moreira (Concello de Soutomaior) e San Martiño de Ventosela (Concello de Redondela).
Aínda que esta resolución non se fixo pública aínda no DOG e no BOP, os afectados da canteira persoáronse na Delegación Provincial de Industria en Pontevedra para solicitar unha copia da resolución, que lles resultou favorable. Para os afectados pola explotación, esta resolución demostra que a mobilización social é a condición determinante para conseguir logros e avances. E chaman a atención sobre o paradoxo de que, neste caso, unha empresa privada tome nota das protestas sociais á hora de seguir adiante ou non cos seus proxectos, mentras que as distintas administracións públicas se caracterizan por facer caso omiso das opinións dos veciños e veciñas aos que representan.
|

A canteira, da que a empresa Minor Galicia, S.L. solicitara permiso de investigación, afectaba aos concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior. 

