| A inseguridade xurídica da Rede Natura galega |
| Escrito por Montse Valencia |
| Martes, 10 Marzo 2009 18:09 |
A Consellería de Medio Ambiente encabezada por Pachi Vázquez, deixou ás expensas do novo goberno a ampliación da Rede Natura 2000 sendo este un dos principais obxectivos político-ambientais ao longo da lexislatura dos socialistas. A promesa de ampliar o territorio galego como Rede Natura dun escaso 12% actual a un prometido 18% e, por conseguinte, a adquisión de protección xurídica a nivel europeo, convírtese na actualidade noutro expediente sen concluir o que leva a unha total desprotección e inseguridade xurídica do medio ambiente galego. Á falta de amplización da Rede, súmase a incorrecta xestión levada a cabo polas consellerías autoras de situacións como o parque eólico do monte Oribio. O monte Oribio sitúase nos concellos de Triacastela e Samos, na provincia de Lugo. Son Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), ademais de transcorrer por eles o Camiño de Santiago, ser paso do lobo e encrave do oso. Nembargante e pese á oposición de ecoloxistas e veciños e, logo de ter a zona un alto valor paisaxístico, ambiental, cultural e social, foron autorizados 12 aeroxerados cunha potencia de 24 mw. Monte Oribio Vinculados á propia instalación dos molinos están os 12 centros de transformación da enerxía de cada un deles e as liñas de media tensión subterráneas para a evacuación da enerxía o que leva aparellada a erosión do terreo por obras e a perda de biodiversidade xerada pola colocación de materias alleos a situación natural do monte. Normas antiespeculadores A Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico do monte Oribio, foi declarada favorable polo goberno de Fraga e o posterior conselleiro de Industria, Fernando Blanco, obrigouse a incorporar en toda resolución de autorización de parques eólicos unha cláusula que sinalara a prohibición da reventa dos parques e das concesións eólicas, declaracións feitas públicas en xaneiro de 2006. Nembargante, o Decreto 242/2007, do 13 de decembro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, non recolleu nada que fixera referencia a tal prohibición polo que se continuou coa anterior política especulativa. Fonte: Matar por Matar, non!. Monte Oribio Coa entrada do novo goberno, Amigos da Terra espera un maior compromiso coa política medioambiental para Galicia. Se recollan e den continuidade a todos aqueles proxectos nos que se puxo de relieve a importancia da protección do medio ambiente e se cumpla con todo o acervo comunitario ao que se comprometeu o Estado español e as súas autonomías. |

A Consellería de Medio Ambiente encabezada por Pachi Vázquez, deixou ás expensas do novo goberno a ampliación da Rede Natura 2000 sendo este un dos principais obxectivos político-ambientais ao longo da lexislatura dos socialistas.


