| A protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos |
| Escrito por Montse Valencia |
| Xoves, 01 Outubro 2009 09:07 |
|
Amigos da Terra lembra ás administracións e ás empresas hidroeléctricas que existe, desde 2006, unha Lei de protección, conservación e mellora dos ríos galegos a través da cal se declara prioridade de interese xeral en Galicia, a conservación do patrimonio natural fluvial.
A conservación do patrimonio e a obriga das administracións públicas de garantir dita conservación, protección e mellora dos ríos galegos, reflíctese xa no preámbulo da Lei, que cita expresamente que “as infraestruturas hidroeléctricas son responsables das principais afeccións aos ríos galegos”. Por elo, e tendo a norma orixe na Directiva Marco da Auga (DMA), é obriga das administracións galegas o establecemento dun modelo de xestión e uns obxectivos comúns propostos a nivel europeo. Fonte: denunciante. Río Sil. Obras Iberdrola. 7 de xullo de 2009
Pola súa parte, diversos aspectos da norma que regula a pesca fluvial de Galicia, están tendo unha aplicación deficiente xa que nela se recolle que todas aquelas concesións de augas que supoñan unha modificación apreciable de caudais circulantes polo curso fluvial, necesitarán obrigatoriamente a determinación actualizada e xustificada do réxime natural de caudais, asi como dos efectos da detracción sobre o ecosistema acuático (artigo 73).
Neste senso, a actualización do caudal ecolóxico non é, polo tanto, e tal e como defendía Iberdrola polas obras de Santo Estevo II e amparadas polo Ministerio de Medio Ambiente, unha opción voluntaria da empresa senon unha obriga legal.
Precisamente esta fin de semana abordarase nunhas Xornadas organizadas pola Fundación Nueva Cultura del Agua o tema da implementación da Directiva Marco da Auga, onde diferentes e prestioxos ponentes tratarán o caso da revisión concesional ás empresas e do rexistro dos dereitos de uso da auga xa que, na contra do esgrimido por Iberdrola sobre as concesións outorgadas na época do franquismo, existe abundante xurisprudenca que di que as empresas deben ir adaptándose a novas normativas máis restrictivas e sen que elo dea lugar a indemnización.
Amigos da Terra continua investigando as irregularidades denunciadas este verán polas obras executas no río Sil, á altura dos Canóns do Sil, incluídos en Rede Natura. A presunta existencia de concesións, autorizacións, licenzas e informes favorables deberán ser cotexados coa adaptación dos mesmos á normativa ambiental e de verificarse o incumprimento legal, procederá inmediatamente decretar polo xuíz, e como medida cautelar, a paralización das obras e a determinación dos responsables dos feitos.
O caso está actualmente sendo estudado pola Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense, á cal Amigos da Terra lle remitiu un escrito de petición de información ambiental e de colaboración.
|





